O DHU Vila de Sarria volveu voar con triunfo de Toni Ferreiro

03 DE AGOSTO DE 2022

O evento organizado polo DHG Team regresou tras dous anos de paréntese

O-DHU-Vila-de-Sarria-volveu-voar-con-triunfo-de-Toni-Ferreiro-

Coa enerxía e o espectáculo que o caracterizaban antes da pandemia, o DHU Vila de Sarria volveu voar a pasada fin de semana tras dous anos de paréntese. O descenso urbano organizado polo DH Galicia regresou ao calendario e fíxoo cunha dobre entrega: o Mini DHU do sábado e o DHU dende cadetes a máster-50 do domingo. O elite vigués Toni Ferreiro (Coruxo) foi o máis rápido no circuíto que transcorre dende o Campo da Feira ata o Paseo do Malecón. 

No percorrido no que se contabilizan unhas 120 estruturas de madeira, viviuse un axustado duelo entre Ferreiro e Marco Veiga (CiclosQuintena). O gañador impúxose cun tempo de 1:36.654, batendo por menos dun segundo ao vixente campión de Galicia de DHI (1:37.208). A terceira praza na táboa scratch ocupouna o tamén elite Esteban Paz (VK Bikes), cun rexistro de 1:40.474.

Entre as mulleres, a elite Gemma Chapela (VK Bikes) asinou o mellor rexistro, detendo o cronómetro en 2:05.623. O segundo mellor correspondeu á sub23 Uxía Álvarez (Coruxo) -2:07.502- e o terceiro, a cadete Alejandra Díaz (Cambre) -3:39.571-.

No cadro de gañadores por categorías inscribiron o seu nome Alejandra Díaz e Yago Caride (Bici Verde) en Cadetes, Marcos Abalo (Bici Verde) nos Juniors, Uxía Álvarez e Ismael Romero (PonteBike) en Sub23, Gemma Chapela e Toni Ferreiro en Elites, Hugo Jaramillo (Cayonbikes) nos Máster-30, Borja Caneiro (Rocasport) nos Máster-40 e Ricardo Escudero (Poio Bike) nos Máster-50.

A fin de semana arrancara na véspera co Mini DHU que tivo como primeiros nos grupos de idade a Antía Romar (Gacela) e Martín Blanco (Maceda) en Promesas, a Vera Rodríguez (Avanza) e Manuel Graña (XSM) en Principiantes, a Celia Porras e Nico González (Maese Riders) en Benxamíns, a Hugo Rodríguez (Avanza) nos Alevíns e a Leo Álvarez (Pulpeiros Mugardos) nos Infantís. 

Clasificacións DHU

Retransmisión 

Clasificacións Mini DHU

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es