O Club Ciclista Muros informa de que a proba 3H Resistencia Concello de Muros, cuarta xornada puntuable da Copa Galicia de BTT Resistencia que se ía disputar en Louro – Muros (A Coruña) este domingo, queda suspendida debido ás condicións meteorolóxicas adversas previstas.
Os fortes ventos anunciados incrementan o risco de caída de pólas e árbores, comprometendo a seguridade das persoas participantes, do voluntariado e do público asistente. En aplicación dos criterios de prevención e responsabilidade que rexen esta modalidade, a organización, en coordinación coas autoridades competentes, decidiu aprazar a proba.
A nova data de celebración será o 22 de febreiro de 2026, coincidindo coa fin da temporada e actuando como última proba da Copa Galicia de BTT Resistencia.
Agradecemos a comprensión de todas as persoas inscritas e colaboradoras, e traballamos para garantir que a proba poida desenvolverse coas máximas condicións de seguridade e calidade deportiva.
Fonte: Club Ciclista Muros