Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Eva Ortega despide a Copa de España XCM dende o podio

06 DE SEPTIEMBRE DE 2022

A biker do Extol logrou a terceira posición no maratón Sierra de Cazorla e na xeral do certame estatal

Eva-Ortega-despide-a-Copa-de-Espana-XCM-dende-o-podio

Foto: Francesc Lladó

Na fin de semana previa ao Campionato de España, o Cross Country Maratón (XCM) estatal pechou a súa Copa na provincia de Jaén. A quinta e última xornada tivo como escenario a Sierra de Cazorla, onde Eva Ortega asinou un dobre terceiro posto. A biker do Extol MTB Team mantivo a súa posición na xeral grazas ao seu primeiro podio da temporada no certame coordinado pola Real Federación Española de Ciclismo (RFEC).

A andaluza María Díaz (Bikes Armilla) conseguiu a súa terceira vitoria do ano nun percorrido de 82 quilómetros e 2.600 metros de desnivel positivo acumulado. A segunda clasificada, Cristina Morán (Goros Bike) cruzou a liña de meta a 5:23 da líder, e terceira compareceu Eva Ortega, a 10:24 da gañadora e cun tempo de 4:50:28. Esta mesma orde deuse na xeral elite da Copa de España. 

En canto á representación autonómica masculina, os fondistas da nosa comunidade acumularon tres postos no top-20 elite. Alberto Alanis (Burgas Bike) finalizou na 12ª posición, Yago Fernández (Extol) na 14ª e Javi Busto (Extol) na 17ª, un resultado que lle serviu ao lalinense para subir unha praza na xeral e situarse sétimo, sendo o mellor galego da táboa dominada polo andaluz Raúl Bermúdez (Vas-Cycling Friendly). 

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es