29 DE OCTUBRE DE 2025
Foto: Luz Iglesias
No 2026 haberá que agardar menos que nunca dende as badaladas de fin de ano para que se active a Copa Galicia de BTT Resistencia. O domingo 4 de xaneiro arrancará o certame que se encarga de abrir o calendario de probas en bicicleta de montaña. Na súa quinta edición, esta competición bate o seu récord de citas puntuables.
A Copa Galicia que se disputa no formato de 3 horas de carreira pasa de cinco a seis eventos. O espectáculo comezará na primeira fin de semana coa 3H Resistencia Lousame. A partir de aí, todos os domingos tocará darlle aos pedais nos nosos montes ata o 8 de febreiro.
De segunda xornada exercerá a 3H BTT de Noia o día 11, como gran novidade no calendario aparece o día 18 a I Copa Galega de Resistencia BTT 3H Armenteira e Punto na localidade pontevedresa de Meis e tamén en xaneiro, o día 25, celebrarase a 3H Resistencia Concello de Muros, a proba que o pasado inverno actuou de Campionato de Galicia. Xa en febreiro, para o día 1 está fixada a V Resistencia BTT Cidade de Narón e para o 8, a clausura do certame coa 3Horas Resistencia Concello de Camariñas.
Toda a información sobre a Copa Galicia de BTT Resistencia 2026 podes atopala na súa sección dentro desta mesma páxina web e nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaRST26
CALENDARIO
04/1 3H Resistencia Lousame ----- BTT O Treito, C.
11/1 3H BTT de Noia ----- Toxo, P.C.
18/1 I Copa Galega de Resistencia BTT 3H Armenteira e Punto ----- Armenteira e Punto, C.C.
25/1 3H Resitencia Concello de Muros ----- Muros, C.C.
01/2 V Resistencia BTT Cidade de Narón ----- Narón, C.C.
08/2 3Horas Resistencia Concello de Camariñas ----- Baikers do Vilán, P.C.
BTT
PROBAS DEPORTIVAS
SELECCIÓNS
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es