18 DE FEBRERO DE 2026
Fotos: Federación Andaluza / RFEC
O Descenso galego comezou lanzado a Copa de España e cunha nova actuación abraiante da súa gran figura emerxente. O cadete Dani Barcia (THC Bike) abraiou unha vez máis co seu talento. No DH Otívar celebrado o pasado domingo na provincia de Granada, o rider vigués non só se impuxo na súa categoría, senón que marcou o terceiro mellor tempo nun evento que reuniu a 150 participantes.
A marca na quenda final do gañador absoluto da última edición do Campionato de Galicia foi de 2 minutos 46 segundos e 36 centésimas, un rexistro que rebaixou por 5.66" o andorrano Noa Hirst e por menos de 1" o madrileño Oriol Kirchmayer (101% DH), primeiro e segundo en Elite e Sub-23. Entre os cadetes, Dani Barcia superou por 4" ao andorrano Charlie Bayliss e por case 14" ao terceiro clasificado, o catalán Aicard Lluch. Diferenzas moi serias. Entre os 15 primeiros remataron outros seis galegos: Antón Ríos (VK Bikes) fixo noveno, Kike Cerqueiro (VK Bikes) décimo, Hugo Cariño (Team Bici Verde-Bo Papel) undécimo, Dani Fernández (VK Bikes) duodécimo e Adrian Domínguez (THC Bike) décimo terceiro, Aron Porto décimo quinto.
O segundo mellor tempo entre os pilotos da nosa comunidade rubricouno Hugo Rosendo cun 'crono' de 2:50.90. O representante do Cerdedo-Cotobade obtivo a cuarta praza en Elite e Sub-23 a 35 centésimas do catalán Dani Tell (Multibike Lleida), que ocupou o terceiro chanzo do podio, e bateu por 2 centésimas a Víctor Mariño (X Bikes), quinto na categoría raíña. Moi preto deles estivo Mario Barreiro (Cerdedo-Cotobade), segundo na táboa júnior con 2:51.91, a 2" segundos da vitoria. O quinto posto xuvenil correspondeu a Leo Álvarez (Pulpeiros GFR).

O resto de resultados sobranceiros entre a participación galega protagonizáronos Leire Mariño (Team Bici Verde-Bo Papel), segunda nas cadetes; Alexia Santervas (Bici Verde-Bo Papel), oitava nas elite/sub-23; Roque Docampo (THC Bike) e Lucas Castro (Arteixo-MB3), cuarto e séptimo infantil, respectivamente; e Juan Carlos Rosendo (Cerdedo-Cotobade), oitavo máster-50.
A Copa de España ofrece esta campaña catro citas e as dúas seguintes serán na nosa terra: o 26 de abril o DH Molinos O Páramo e o 21 de xuño o DH Estación de Manzaneda.

BTT
BTT
BTT
CARRETERA
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es