04 DE MARZO DE 2026
Fotos: Melgaço Ride & Run
Na fronteira con Galicia, o municipio portugués de Melgaço acolleu durante a fin de semana un novo evento internacional de Cross Country Olímpico (XCO). Se o pasado verán exerceu de sede do Campionato de Europa, esta vez celebrouse unha cita UCI da clase Continental Series. As dúas vitorias na categoría Júnior viñéronse para a outra beira do río Miño.
Despois de asinar postos de top-10 as dúas fins de semanas anteriores en probas das UCI Júnior Series celebradas en España, noveno en Chelva e sétimo en Banyoles, o carballiñés Marcos Rodríguez (Academia Postal-Maceda) anotouse a vitoria en Melgaço e sumou 20 puntos para o ranking internacional. O xuvenil ourensán, cun tempo de 1 hora 8 minutos e 21 segundos, decantou ao seu favor o man a man co portugués Hugo Ramalho por 20" de diferenza e no máis alto do podio estivo escoltado por outro corredor luso, João Vigario, do que se distanciou en máis de dous minutos e medio. Entre os dez primeiros tamén finalizou Arón Gómez (Coruxo), na oitava praza.

O triunfo galego na carreira júnior feminina protagonizouno Iris Santana (Coruxo). Cun rexistro na liña de meta de 1 hora 17 minutos e 52 segundos, a viguesa avantaxou en 53" á francesa Ellynn Duvallet. O terceiro posto ocupouno a portuguesa Maria Coimbra, a 3:21 da gañadora, e Ainoa Posada (Vila do Conde) concluíu sétima.
En canto á proba sub-23 masculina, o carballiñés Alejandro García foi o mellor español. O biker do Mondraker acadou a sexta praza, superando por 1:10 ao andaluz Hugo Franco (BH Coloma Team), sétimo. Clasificacións
COPA DE ESPAÑA
O XCO Vila de Melgaço coincidiu no calendario coa apertura da Copa de España desta especialidade en Zaragoza. Entre a representación da nosa comunidade no circuíto de Valdespartera o resultado máis sobranceiro obtívoo a cadete Marta Utrera (Xesteiras), que rematou novena. Pola súa banda, na competición cadete masculina Guillermo García (Avanza-O Porriño) e Pedro Cidrás (XSM) clasificáronse undécimo e duodécimo, respectivamente. O certame estatal continuará esta fin des semana en Candeleda (Ávila). Máis información
BTT
FEDERACIÓN
BTT
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es