Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Convocatoria para o Campionato de España de Descenso 2026

06 DE MARZO DE 2026

Seis riders defenderán as cores da Selección de Galicia esta fin de semana no G. P. Sant Andreu de la Barca

Convocatoria-para-o-Campionato-de-Espana-de-Descenso-2026

Foto: Federaçao Portuguesa

O primeiro Campionato de España de BTT do 2026 celébrase esta fin de semana, días 7 e o 8 de marzo, na provincia de Barcelona. O Gran Premio Sant Andreu de la Barca pon en xogo os títulos estatais de Descenso. No emblemático circuíto catalán van competir baixo o amparo da Federación Ciclismo Galego e coas cores da nosa Selección a seguinte relación de seis riders:

INFANTIL M

Roque Docampo Valencia (THC Bike, C.)

 

CADETE F

Leire Mariño Rodríguez (Bici Verde, C.C)

 

CADETE M

Daniel Barcia Fernández (THC Bike, C.)

 

JÚNIOR M

Leo Álvarez Alonso (Pulpeiros, C.)

Mario Barreiro González (Cerdedo-Cotobade, C.C.)

 

SUB-23 M

Hugo Rosendo Piñeiro (Cerdedo-Cotobade, C.C.)

 

A xornada do sábado estará destinada aos adestramentos oficiais e o domingo, a partir das 9:00 horas, disputarase a baixada clasificatoria e, a continuación, a final. Ambas quendas poderán seguirse en directo a través da canle de YouTube da Real Federación Española de Ciclismo, así  como na do Moto Club Sant Andreu de la Barca. 

Máis información

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es