17 DE MARZO DE 2026
Foto: RFEC
A selección española de BMX Freestyle Park afronta esta semana, de venres a domingo, a súa primeira competición da temporada. A Ride The Dragon, proba C1 pertencente ao calendario da Unión Ciclista Intenacional (UCI), terá lugar na cidade lituana de Vilnus e un dos tres riders citados polo combinado estatal é o vigués Saúl Vilar. O seu obxectivo, así como o dos outros dous convocados polo seleccionador Javier Alonso, será conseguir puntos UCI para seguir escalando postos na clasificación mundial e, deste xeito, asegurar a presenza nas probas da Copa do Mundo.
Despois dun intenso final do 2025, con participación no Europeo, en eventos da Copa do Mundo e no Mundial, o rider de 18 anos do BMX Cromoly regresa aos países bálticos. O pasado mes de xullo Saúl Vilar obtivo un magnífico resultado en Letonia, finalizando quinto no Ghetto Games Festival.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
BMX
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es