Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Saúl Vilar proclámase por primeira vez campión de España de BMX Freestyle Park na máxima categoría

07 DE SEPTIEMBRE DE 2025

Laura Carrera colgouse a medalla de prata en Barcelona

Saul-Vilar-proclamase-por-primeira-vez-campion-de-Espana-de-BMX-Freestyle-Park-na-maxima-categoria

Fotos: RFEC

Éxito por partida dobre para o BMX galego. Saúl Vilar conseguiu por primeira vez o título na máxima categoría e Laura Carrera repetiu o segundo posto do ano pasado no Campionato de España de BMX Freestyle Park. Os dous riders vigueses do BMX Cromoly recolleron as súas medallas este sábado no podio do festival de deportes urbanos Extreme Barcelona, que por segundo ano consecutivo puxo en xogo os títulos estatais. 

Aos seus 18 anos Saúl Vilar está a consagrarse como un dos grandes referentes deste disciplina a nivel estatal. A súa conta de títulos de campión de España absoluto ao sumar un total de 92.00 puntos, por diante do catalán Pol Díaz, que logrou 87.00 e do defensor da coroa, o castelanleonés Jaime Lorenzo, con 81.67.

imagen

A dominadora desta especialidade en España, a castelaleonesa Teresa Fernández-Miranda, revalidou o título con solvencia na competición feminina. A gañadora colleitou 68.33 puntos, polos 43.00 de Laura Carrera e os 33.33 da terceira clasificada, a vasca Maialen Seisdedos. No caso da galega, trátase do seu terceiro metal nas últimas catro edicións do Campionato estatal: bronce no 2022 e as pratas do 2024 e deste ano. 

imagen

Máis información

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es