Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Saúl Vilar brilla en Vilnus para ser noveno na Ride the Dragon da clase C1 de BMX Freestyle Park

24 DE MARZO DE 2026

O vigués completou unha magnífica actuación durante os tres días de competición en Lituania

Saul-Vilar-brilla-en-Vilnus-para-ser-noveno-na-Ride-the-Dragon-da-clase-C1-de-BMX-Freestyle-Park

A selección española de BMX Freestyle Park pechou a súa participación na Ride the Dragon, proba C1 internacional que tivo lugar en Vilnus (Lituania), coa novena praza de Saúl Vilar como posición máis destacada. O rider vigués do BMX Cromoly continúa crecendo a pasos axigantados e demostrou un sensacional nivel durante os tres días de competición. Primeiro superou a clasificatoria, logo as semifinais na novena praza e concluíu a final nesa mesma novena posición ante rivais de gran entidade como o británico e campión continental Dylan Hessey.

imagen

O principal obxectivo neste evento do combinado estatal, dirixido polo seleccionador Javier Alonso, era conseguir puntos UCI para seguir escalando postos na clasificación mundial e, deste xeito, asegurar a presenza nas probas da Copa do Mundo. 

Máis información 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es