08 DE OCTUBRE DE 2025
A aprendizaxe internacional continúa para Saúl Vilar na súa primeira temporada como campión de España na máxima categoría. O rider vigués de 18 anos representou ao combinado estatal no Campionato de Europa de BMX Freestyle celebrado a pasada semana na cidade neerlandesa de Eindhoven. A criba da clasificatoria na especialidade de Park non a puido superar ao clasificarse 16º e estar reservada a final para as doce mellores puntuacións.
Ademais de rematar por diante do outro rider de Park da selección española, Jaime Francisco (20º), o resultado asinado nos Países Baixos o pasado venres polo galego permítelle ocupar a 70ª posición na clasificación mundial e ao atoparse dentro do top-75 ten acceso a todas as probas da Copa do Mundo. Deste xeito, a vindeira semana disputará a cita de Shanghai (China), que arranca o xoves, día 16. No calendario do especialista do BMX Cromoly tamén aparecen no que resta de 2025 o Mundial de Riyadh (Arabia Saudí), do 4 ao 8 de novembro, e a Copa do Mundo de Sakai (Xapón), do 27 ao 30 de novembro.
SELECCIÓNS
BMX
SELECCIÓNS
BMX
EVENTOS
BMX
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es