Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Saúl Vilar, 16º no Campionato de Europa de BMX Freestyle Park

08 DE OCTUBRE DE 2025

O rider vigués non superou a clasificatoria en Eindhoven e a vindeira semana competirá na Copa do Mundo de Shanghai

Saul-Vilar-16-no-Campionato-de-Europa-de-BMX-Freestyle-Park

A aprendizaxe internacional continúa para Saúl Vilar na súa primeira temporada como campión de España na máxima categoría. O rider vigués de 18 anos representou ao combinado estatal no Campionato de Europa de BMX Freestyle celebrado a pasada semana na cidade neerlandesa de Eindhoven. A criba da clasificatoria na especialidade de Park non a puido superar ao clasificarse 16º e estar reservada a final para as doce mellores puntuacións. 

imagen

Ademais de rematar por diante do outro rider de Park da selección española, Jaime Francisco (20º), o resultado asinado nos Países Baixos o pasado venres polo galego permítelle ocupar a 70ª posición na clasificación mundial e ao atoparse dentro do top-75 ten acceso a todas as probas da Copa do Mundo. Deste xeito, a vindeira semana disputará a cita de Shanghai (China), que arranca o xoves, día 16. No calendario do especialista do BMX Cromoly tamén aparecen no que resta de 2025 o Mundial de Riyadh (Arabia Saudí), do 4 ao 8 de novembro, e a Copa do Mundo de Sakai (Xapón), do 27 ao 30 de novembro. 

imagen

Máis información

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es