Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Saúl Vilar remata 46º no seu primeiro Mundial

07 DE NOVIEMBRE DE 2025

O rider vigués representou á selección española na clasificatoria de BMX Freestyle Park en Riyadh

Saul-Vilar-remata-46-no-seu-primeiro-Mundial-

Fotos: RFEC

Aos seus 18 anos Saúl Vilar debutou este xoves nun Mundial. A estrea do rider vigués do BMX Cromoly tivo lugar en Riyadh, na capital de Arabia Saudita, actuando como único representante da selección española na clasificatoria de BMX Freestyle Park. A súa puntuación de 47,6 puntos non lle permitiu avanzar ás semifinais e outorgoulle a 46ª posición entre os 56 participantes.

Os 24 primeiros pasaban de rolda e o corte situouse nos 77,74 puntos nun concurso que contou cun altísimo nivel. Vilar amosou solidez enriba da súa bicicleta e esta experiencia supón un paso máis dentro do seu proceso de crecemento. Deste xeito, o vixente campión de España na categoría absoluta pechou un intenso calendario internacional nas últimas semanas. Ao Campionato do Mundo de Ciclismo Urbano chegou despois de obter a 16ª praza no Europeo de Eindhoven e a 44ª na Copa do Mundo de Shanghai. 

imagen

Máis información

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es