Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Alejandra Neira, a pola segunda proba da Copa das Nacións júnior

10 DE MARZO DE 2026

A ciclista santiaguesa liderará á selección española no Piccolo Trofeo Binda este próximo domingo 15 de marzo en Italia

Alejandra-Neira-a-pola-segunda-proba-da-Copa-das-Nacions-junior

Segunda clasificada na apertura da Copa das Nacións júnior en Jaén, a compostelá Alejandra Neira encara a segunda proba no calendario deste certame UCI do calendario de Estrada. Este domingo, día 15 de marzo, celébrase o Piccolo Trofeo Binda en Italia. A esta cita a selección española acode cun bloque de seis corredoras encabezado pola galega do Baqué Movistar Team. 

O combinado que dirixe a seleccionadora Gema Pascual medirase coas ciclistas máis talentosas do mundo nesta categoría. Alejandra Neira participou o ano pasado nesta proba e finalizou 15ª. Sendo a súa primeira campaña no pelotón júnior, xa obtivo o mellor resultado do conxunto español.

imagen

O Piccolo Trofeo Binda proporá nesta ocasión un percorrido de 73 km formado por dous bucles diferentes, que levará ao pelotón no tramo inicial da carreira a ascender en dúas ocasións o porto de Azzio e na segunda metade da mesma as subidas de Casale e Orino noutras dúas ocasións cada unha.

imagen

Máis información 

 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es