10 DE FEBRERO DE 2026
A selección española júnior feminina foi durante todo 2025 unha das grandes noticias no deporte estatal ao asinar unha temporada histórica: primeira da clasificación da Copa das Nacións, e campioa do mundo e de Europa por medio da navarra Paula Ostiz. Este combinado volve contar na presente campaña cunha talentosa xeración de ciclistas que buscarán facer o seu propio camiño e liderada por unha corredora galega. A santiaguesa Alejandra Neira abre o seu calendario 2026 este domingo nunha carreira que lle trae grandes recordos.
A vixente campioa de España júnior de contra o reloxo individual protagonizou o ano pasado unha fermosa escapada na Clásica Jaén Paraíso Interior e rematou na oitava posición. Unha brillante actuación, sobre todo, ao tratarse da estrea internacional da ciclista do Baqué Movistar Team na súa nova categoría. Desta vez, a compostelá chega á proba andaluza como referencia da seleción dirixida por Gemma Pascual.

Coa Clásica Jaén Paraíso Internacional arranca a Copa das Nacións 2026, certame da Unión Ciclista Internacional (UCI). As corredoras terán que superar un percorrido de 76,5 quilómetros con saída e chegada en Ubeda, un trazado no que se acumularán máis de 1.100 metros de desnivel positivo. Outra das grandes dificultades da carreira será o estado dos treitos de terra logo das choivas que se esperan durante toda a semana.
EVENTOS
CARRETERA
EVENTOS
CARRETERA
AVISOS
CARRETERA
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es