16 DE MARZO DE 2026
Foto: RFEC
Segundo evento no calendario da Copa das Nacións júnior e de novo protagonismo para Alejandra Neira. A corredora santiaguesa, segunda clasificada na Clásica de Jaén, adxudicouse a Montaña e asinou un valioso oitavo posto este domingo no Piccolo Trofeo Binda. A proba italiana resolveuse ao esprint con vitoria para Matilde Rossignoli, ciclista do país anfitrión.
A selección española feminina completou unha actuación de gran nivel nunha das citas máis prestixiosas e esixentes do calendario internacional xuvenil. Nun percorrido de 73 quilómetros, con seis pasos de montaña, a carreira rachouse definitivamente nas dúas voltas finais. O combinado que dirixe Gema Pascual tomou o mando no primeiro porto da penúltiva volta, onde Lidia Castro tensou o grupo cun forte ritmo que seleccionou ás unidades de cabeza.

No porto de Orino pasou ao ataque Alejandra Neira, mostrando o seu gran estado de forma e marchándose xunto a Castro e outras corredoras. A compostelá lanzaría unha nova ofensiva, con dúas ciclistas máis, aínda que un grupo dunhas 30 unidades logrou neutralizar o corte, que finalmente se xogou o triunfo ao esprint. Nesa volata, a galega fixo oitava, obtendo o mellor resultado da selección española no Valli del Verbano.
SELECCIÓNS
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es