Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Marc Rubirola triunfa na XIII Rutas Xacobeas da Copa de España Elite e Sub-23

07 DE MARZO DE 2026

O ciclista do Caja Rural-Alea foi o máis rápido no esprint do grupo que se xogou a vitoria nas rúas de Padrón. Luke Valenti conserva por pouco o liderado

Marc-Rubirola-triunfa-na-XIII-Rutas-Xacobeas-da-Copa-de-Espana-Elite-e-Sub-23

Fotos: @ziklix_photo

A XIII Rutas Xacobeas, terceira proba puntuable do calendario da Copa de España Elite e Sub-23, deixou este sábado en Padrón unha xornada de enorme emoción sobre un percorrido sen respiro, con cinco pasos de montaña puntuables e un final rápidísimo no que se decidiu a vitoria entre os integrantes dun grupo de 11 unidades. Nese escenario, Marc Rubirola (Caja Rural-Alea), que o tentou de lonxe na ascensión final a Augasantas, asinou un triunfo de prestixio ao impoñerse ao esprint dun grupo reducido que se xogou a vitoria nas rúas da localidade coruñesa.

imagen

A carreira desenvolveuse inicialmente cunha fuga de cinco corredores, integrada por Manso, Shaw, Serrano, Borghese e Alcalde, que chegou a manexar máis de sete minutos de vantaxe. A escapada foi perdendo marxe conforme se incrementou o ritmo no grupo principal e terminou sendo neutralizada cando restaban ao redor de 60 quilómetros para a chegada, dando paso a un tramo final moito máis aberto e agresivo.

A partir de aí sucedéronse os movementos, co Caja Rural-Alea asumindo protagonismo desde o quilómetro 80, especialmente co traballo de Mario Silva, Iker Pérez e Jan Hernández no paso por Cruxeiras, onde se produciu unha selección importante. Antes da decisiva ascensión a Augasantas presenciamos diferentes intentos de adiantarse ao pelotón de elixidos, pero ningún tivo éxito. Foi xa nas ramplas desta última escalada do día onde se produciu a selección definitiva e onde Marc Rubirola realizou unha primeira aposta importante. O corredor do Caja Rural atacou e marchouse para coroar en solitario cuns 7 segundos de vantaxe sobre o grupo perseguidor.

Pouco despois uniuse ao seu esforzo Martin Solhaug e ambos tentaron abrir oco, pero o grupo perseguidor terminou alcanzándoos para xogarse o triunfo ao esprint. Xa na recta final, Rubirola fixo valer a súa punta de velocidade para levantar os brazos e dar continuidade ao gran momento do Caja Rural-Alea, que enlaza a súa segunda vitoria consecutiva na Copa tras a conseguida por Dani Cepa no Trofeo Guerrita. Por detrás, Luke Valenti, que entrou nun segundo grupo, conserva por pouco o liderado do certame. Manuel Rodríguez, 42º a 3:06 do vencedor, foi o mellor clasificado galego. 

imagen

Máis información 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es