26 DE MARZO DE 2026
O Campionato de Galicia Máster de CRI masculino regresa neste 2026 á Volta a Lugo. O evento organizado polo Club Ciclista Chantadino acolleu por última vez no 2024 a contra o reloxo que reparte os títulos autonómicos de 'crono', unha proba que nesta ocasión pechará o programa da rolda lucense o vindeiro 12 de abril.
Escairón, a capital do concello do Saviñao, será o epicentro desta intensa xornada. Pola mañá, desde as 11:00 horas, exercerá de saída e chegada da etapa en liña de 75 quilómetros puntuable para a Copa Galicia Máster.

O segundo asalto do día chegará a partir das 16:45 horas co inicio da CRI de 15 km. Os corredores arrancarán e finalizarán na Praza de España de Escairón. Polo tanto, tripo aliciente nesta edición concentrada -debido á coincidencia de data con outro evento que se celebra en Chantada- da Volta a Lugo Máster: Copa, Campionato e clasificación xeral dos dous sectores. O prazo para apuntarse xa está aberto.
CARRETERA
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es