Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Agradecemento a Eva Castro

25 DE FEBRERO DE 2026

Péchase a súa etapa como responsable da área técnica das modalidades de gravity e como seleccionadora autonómica

Agradecemento-a-Eva-Castro-

A Federación quere expresar publicamente o seu agradecemento a Eva Castro pola súa dedicación, compromiso e profesionalidade como responsable da área técnica das modalidades de gravity e como seleccionadora autonómica ata a pasada tempada.
 
Ao longo da súa etapa, Eva foi unha figura clave no crecemento e consolidación destas disciplinas, destacando polo seu liderado, pola súa visión técnica e pola súa proximidade con deportistas, clubs e técnicos.
 
Este recoñecemento esténdese tamén ao seu equipo de traballo, entre eles Luis Manovel, cuxo esforzo e compromiso resultaron fundamentais para o desenvolvemento das modalidades de gravity. O seu labor conxunto permitiu reforzar os procesos de selección e mellorar a preparación dos deportistas.
 
Quero expresar tamén o meu agradecemento persoal tanto a Eva como a Luis pola súa implicación, profesionalidade e dedicación ao longo destes anos.
 
A Federación deséxalles o maior dos éxitos nos seus futuros proxectos.
 
 
Juan Carlos Muñiz
Presidente da Federación Ciclismo Galego

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es