A Federación quere expresar publicamente o seu agradecemento a Eva Castro pola súa dedicación, compromiso e profesionalidade como responsable da área técnica das modalidades de gravity e como seleccionadora autonómica ata a pasada tempada.
Ao longo da súa etapa, Eva foi unha figura clave no crecemento e consolidación destas disciplinas, destacando polo seu liderado, pola súa visión técnica e pola súa proximidade con deportistas, clubs e técnicos.
Este recoñecemento esténdese tamén ao seu equipo de traballo, entre eles Luis Manovel, cuxo esforzo e compromiso resultaron fundamentais para o desenvolvemento das modalidades de gravity. O seu labor conxunto permitiu reforzar os procesos de selección e mellorar a preparación dos deportistas.
Quero expresar tamén o meu agradecemento persoal tanto a Eva como a Luis pola súa implicación, profesionalidade e dedicación ao longo destes anos.
A Federación deséxalles o maior dos éxitos nos seus futuros proxectos.
Juan Carlos Muñiz
Presidente da Federación Ciclismo Galego