Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A FCG e Neuroimpulse renovan o seu convenio para seguir coidando da comunidade federada

04 DE FEBRERO DE 2026

A través desta alianza ofrécense descontos nos servizos deste centro de desenvolvemento infantil e deportivo

A-FCG-e-Neuroimpulse-renovan-o-seu-convenio-para-seguir-coidando-da-comunidade-federada

A Federación Ciclismo Galego e o centro de desenvolvemento infantil e deportivo NeuroImpulse veñen de renovar o seu convenio de colaboración, reafirmando un compromiso conxunto coa saúde, o benestar e o desenvolvemento integral dos nosos deportistas e as súas familias.

Grazas a esta renovación, as persoas federadas seguirán gozando de descontos do 15% nos servizos do centro, mentres que os seus familiares de 1ª liña contarán cun 10% de desconto en áreas como:

• Fisioterapia e fisioterapia deportiva

• Psicoloxía infantil, xuvenil e de adultos

• Logopedia

• Psicopedagoxía

• Terapia ocupacional

• Sala multisensorial Snöezelen

• Acceso á sala fitness con tarifas personalizadas

Este acordo consolida unha alianza que achega valor real á nosa comunidade e reforza o noso compromiso cunha federación de todos e para todos, onde a saúde e o acompañamento profesional tamén forman parte do camiño deportivo. 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es