Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Lalín Bike Race, escenario da segunda proba da Copa de España XCM

01 DE JUNIO DE 2023

A proba pontevedresa ofrecerá este domingo un esixente percorrido de 95 quilómetros e 2.700 metros de desnivel positivo acumulado

A-Lalin-Bike-Race-escenario-da-segunda-proba-da-Copa-de-Espana-XCM

A Copa de España de Cross Country Maratón (XCM) volve á acción este domingo tras un parón de case dous meses coa disputa no municipio pontevedrés de Lalín da Lalín Bike Race.

O Extol MTB Team e o Montes do Deza organizan unha proba que ofrece un esixente trazado de 95 quilómetros e máis de 2.700 metros de desnivel positivo acumulado. As mulleres pola súa banda terán que facer fronte a 80 quilómetros e 2.400 metros de desnivel.


Simon Stiebjahn e Tessa Kortekaas lideran un circuíto estatal que se estenderá ata o próximo 1 de outubro cando se celebre en Paterna del Campo a quinta e última cita. Á proba galega concorren como algúns dos principais candidatos á vitoria Manuel Cordero, José Márquez, Alberto Mingorance ou Marcos García, entre outros. En categoría feminina non faltará a líder do circuíto, ademais doutras destacadas bikers como a mosense Susana Alonso ou Cristina Morán.

Adxunta á noticia poderás atopar a guía técnica da proba.

Máis información

GALERÍA DE FOTOS

A Lalín Bike Race, escenario da segunda proba da Copa de España XCM

DOCUMENTOS ADJUNTOS

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es