24 DE AGOSTO DE 2023
Serán 270 persoas as que participarán este domingo, 27 de agosto, na VII Ruta MTB Cova da Serpe, unha proba organizada conxuntamente polo Concello de Guitiriz e o Club Btteiros Cova da Serpe.
O acto de presentación do evento tivo lugar hoxe, xoves 24 de agosto, no recinto do Iberik Gran Balneario de Guitiriz & Golf e participaron a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira; o presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz Nieto; o presidente do Club Btteiros Cova da Serpe, Marcos Rego, e o tesoureiro do club, Rubén Paredes.
A alcaldesa agradeceulle á Federación Ciclismo Galego “que sempre se implique con nós e cos Btteiros” e animou “a todo o mundo a que veña e que, ademais de desfrutar da proba, o faga do noso pobo en xeral e das instalacións deste balneario no que hoxe estamos en particular”.

Pola súa parte, Juan Carlos Muñiz destacou “o bo facer do club, polo gran traballo que levan a cabo na organización deste tipo de rutas, que poñen en valor a riqueza paisaxística do seu territorio e o dinamizan”. “Esta será a última proba do circuíto galego de BTT maratón, onde se van repartir os maillots que están por desputar”.
Marcos Rego salientou que “para esta sétima edición fixemos unhas pequenas variación no percorrido” e lembrou que “como todos os anos, pasaremos polos lugares máis emblemáticos do municipio”.
Dúas modalidades de ruta e unha andaina
Nesta edición repítese o formato do ano pasado, con dúas modalidades: a puntuable para a Copa Galicia XCM, que consta de 84 quilómetros e 1.900 metros de desnivel, e as tradicionais Rutas Cicloturistas, unha larga de 84 quilómetros e 1.900 metros de desnivel, unha media de 58 quilómetros e 1.300 metros de desnivel e outra curta de 46 quilómetros e 800 metros de desnivel. A saída está prevista para as 9 horas desde o Campo da Feira de Guitiriz.
Fonte: Concello de Guitiriz
BTT
AVISOS
BTT
BTT
PROBAS DEPORTIVAS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es