Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Pump Track galego suma dez títulos na Copa de España 2025

30 DE SEPTIEMBRE DE 2025

Alba Fernández e Sergio Veiga lograron os tempos scratch no quinto e último evento da temporada

O-Pump-Track-galego-suma-dez-titulos-na-Copa-de-Espana-2025

Fotos: RFEC

A Copa de España de Pump Track continuou no 2025 baixo hexemonía galega. Dos 24 rankings do certame estatal, dez camisolas de líderes finais viñéronse para a nosa comunidade. A quinta e última cita da temporada celebrouse o domingo en Fraga (Huesca), onde o Pontebike anotouse os dous tempos scratch por medio do naronés Sergio Veiga e da redondelá Alba Fernández. 

O sub-23 Sergio Veiga revalidou o título da súa categoría e puxo a guinda no Pump Track oscense asinando o mellor xiro da xornada cun rexistro de 14 segundos e 96 centésimas. O representante do Pontebike tivo como principais rivais ao júnior catalán Farre Peiro (BMX Terrasa) -cunha marca de 15"41- e a outro xuvenil, ao aragonés Adrián Martín (Biofrutal Sport) -con 15"44. 

imagen

Dobre gañadora da Copa de España na súa etapa júnior, Alba Fernández xa tiña garantida a súa primeira coroa sub-23 neste certame antes da proba de Fraga e demostrou unha vez máis que é a rider máis rápida do panorama estatal. Con un tempo de 17"38 bateu por 42 centésimas á júnior catalá Berta Martínez (BTT Valls). A terceira posición absoluta, tras deter o cronómetro en 18"08, ocupouna a ourensá Paula Rodríguez (Val do Ulló), vencedora cadete. 

En total, o noso Pump Track colleitou catro vitorias e dez podios na pista aragonesa. A nómina de triunfos completouna a elite Yuli Paola Rey (Kiwi Atlántico-Craega), mentres que tamén subiron ao caixón Raúl Gándara (Pontebike), segundo en Sub-23; Daniel Díaz (Pontebike), terceiro en Infantil; Sarela Rúa (Maese Riders), segunda en Infantil; Candela Rodríguez (Val do Ulló), terceira en Infantil; Alejandro Pérez (Maese Ourense), segundo en Máster-30; Antonio Piñeiro, segundo en Máster-60; Eva Vilas (Farto), segunda en Alevín; Leo Díaz (Pontebike), segundo en Alevín; Sofía Casal (Val do Ulló), terceira en Promesas 7 e 8; e Noel Vidal (Val do Ulló), segundo en Promesas 7 e 8. 

Clasificacións xerais

Os dez títulos galegos na Copa de España 2025 conquistáronos Yuli Paola Rey en Elite, Alba Fernández e Sergio Veiga en Sub-23, Paula Rodríguez en Cadete, Iván Rial (Bentraces) en Máster-30, Cristina Romero (Ribadumia) en Máster-40, Rosa María López (Maese Ourense) en Máster-50, Antonio Piñeiro en Máster-60, Eva Vilas en Alevín, e Sofía Núñez (Ribadumia) en Principiantes. 

As outras 14 prazas de podio nas xerais conseguíronas Sergio Piñeira (VK Bikes), terceiro en Elite; Sofía Ferreiro (Esmelle), terceira en Sub-23; Raúl Gándara, terceiro en Sub-23; Daniela Vilas (Farto), terceira en Cadete; Sarela Rúa e Candela Rodríguez, segunda e terceira en Infantil, respectivamente; Daniel Díaz, segundo en Infantil; Alejandro Pérez, terceiro en Máster-30; Alberto Manuel García (Maese Ourense), segundo en Máster-50; Vera Rodríguez (Lasal Cocina-Craega Kids), terceira en Alevín; Leo Díaz, terceiro en Alevín; Sofía Casal, segunda en Promesas 7 e 8; e Noel Vidal e Mateo Rial (Bentraces), segundo e terceiro en Promesas 7 e 8, respectivamente. 

Máis información 

 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es