12 DE OCTUBRE DE 2023
Foto: Sergio Rodríguez Rosales
A Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) aprobou na súa última xuntanza o calendario de probas para a temporada 2024 das Copa de España de estrada e por cuarto ano consecutivo Galicia conta con tres eventos. O Gran Premio Cidade de Pontevedra exercerá o 24 de marzo de terceira xornada do certame feminino e no mes de maio a competición Elite-Sub23 masculina resolverase na nosa comunidade, onde se disputarán as dúas últimas carreiras puntuables: o día 18 a XI Rutas Xacobeas en Padrón e o 19 a Vigo Copa de España na cidade olívica.
As ciclistas cadetes, juniors, elite-sub23 e masters buscarán puntos para a Copa de España na Boa Vila. O Gran Premio Cidade de Pontevedra, organizado pola empresa Noko 360, completa o primeiro bloque de probas deste circuíto. As dúas citas anteriores tamén terán lugar no norte, en Noja (Cantabria) e Beasain (Guipuscoa). O calendario 2023 compóñeno un total de oito carreiras.
Do mesmo xeito que aconteceu no 2022 e neste 2023, os últimos dous asaltos dos once que forman o calendario da Copa de España Elite-Sub23 masculina celebraranse en Padrón e en Vigo. Por segundo ano consecutivo, a carreira do Padronés-Cortizo e a do Vigo-Rías Baixas compartirán fin de semana. O sábado 18 de maio será a quenda da XI Rutas Xacobeas no sur da provincia da Coruña e ao día seguinte o certame estatal baixará o pano na Vigo Copa de España percorrendo o sur da provincia de Pontevedra.
CARRETERA
CARRETERA
FORMACIÓN
CARRETERA
CARRETERA
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es