Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Gala Ciclismo Galego homenaxeou a quince directivos imprescindibles de clubs históricos

12 DE FEBRERO DE 2023

Na Casa da Cultura de Boiro viviuse unha noite cargada de admiración, éxitos deportivos e humor

A-Gala-Ciclismo-Galego-homenaxeou-a-quince-directivos-imprescindibles-de-clubs-historicos-

Fotos: Laureano Freire

Pasado, presente e futuro confluíron este sábado en Boiro. A Gala Ciclismo Galego recoñeceu a traxectoria de figuras históricas do deporte da bicicleta na nosa comunidade e os resultados acadados polos mellores corredores autonómicos durante a última campaña. Na Casa da Cultura 'Ramón Martínez López' viviuse unha noite cargada de emoción, éxitos deportivos e humor.

O presentador de televisión Terio Carrera e o actor Pepo Suevos amenizaron a festa organizada pola Federación Ciclismo Galego (FCG), unha cita anual que nesta ocasión quixo homenaxear a quince directivos incombustibles dos clubs autonómicos. O elenco de ‘Os Imprescindibles do Ciclismo’, distinguidos por unha vida dedicada a súa paixón deportiva, estivo formada polo local Ricardo Riveiro (Club Ciclista Barbanza), Luís López (Milagrosa), Fernando Domato (Ría de Vigo), José Roberto Rey (Traviesas), Juan Manuel Martínez Rey (Ferrol), José María Fernández Seijas (Cidade de Lugo), José García Varela (Betanzos), Manuel Tallón (Teo), Estanislao Vázquez (Padronés), Carlos Moure (Ourensano), Cesáreo Borrajo (Maceda), José Antonio Ramos (Teis), Horacio Barros (Spol), José Carlos Vidal (Vigués) e Gerardo Álvarez (O Rosal).

Do mesmo xeito, a emoción marcou o momento dos galardóns In Memoriam aos familiares dos falecidos José Luis Neira -presidente do Club Ciclista Compostelano-, Benito Carvallal -piloto de Moto Volta Galicia- e o empresario Magín Froiz. O resto de Mencións Especiais recaeron no excorredor profesional de estrada Alejandro Marque, no árbitro Arturo Roig Pereira, na empresa Aluminios Cortizo polo seu apoio ao ciclismo, no Concello de Boiro pola súa aposta pola mobilidade sostible, en tres clubs que celebran as súas vodas de prata (Meira, Rías Baixas e Valdeorras Bike) e nos dous equipos galegos que o ano pasado acabaron entre os tres primeiros do ranking español Elite de estrada: o Padronés Cortizo como gañador e o Vigo-Rías Baixas como terceiro clasificado.

Premios da temporada

A Gala superou a cifra dos 200 premios ao tamén ter desfilado polo escenario as triunfadoras e triunfadores da pasada campaña. A FCG coroou aos gañadores dos seus rankings de Estrada, Ciclocrós e das especialidades de BTT, así como aos tres primeiros clasificados en cada unha das categorías da Copa Galicia de Cross Country Maratón 2022, un certame no que quedaran pendente a entrega de trofeos ao terse suspendido a última proba. A nómina de distincións deportivas completouse co recoñecemento aos artífices dos 75 postos de podio acadados polo ciclismo autonómico nos Campionatos e Copas de España.

As intervencións entre as autoridades corresponderon ao alcalde de Boiro, José Ramón Romero; á deputada provincial de Deportes da Deputación da Coruña, Cristina Capelán; ao delegado de Deportes da Xunta de Galicia pola provincia da Coruña, Roberto García; e ao presidente da FCG, Juan Carlos Muñiz. Xunto a eles estiveron seguindo a Gala a concelleira de Deportes de Boiro, Dores Torrado; e o tenente coronel da Garda Civil de Tráfico, Antonio Hidalgo. Ao remate do acto todos aos asistentes ao evento realizaron unha foto de familia, unha imaxe co pasado, presente e o futuro do ciclismo galego.

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es