02 DE NOVIEMBRE DE 2024
O comité organizador do Campionato de Europa CX Pontevedra, xunto coa Unión Europea de Ciclismo e as autoridades da cidade de Pontevedra e a comunidade autónoma de Galicia, realizaron esta mañá un acto de plantación dunha árbore no circuíto da Illa das Esculturas. Na liña do compromiso ambiental de todos os organismos, serviu tamén como irmandamento entre todos os actores implicados no evento.
Tras percorrer a Zona Expo e realizar un recoñecemento a pé do circuíto da Illa das Esculturas, que albergará mañá as probas junior, sub-23 e elite do Campionato de Europa de ciclocrós, as diferentes autoridades plantaron un freixo de folla estreita na Illa das Esculturas. Esta árbore pertence á especie máis continental das dúas especies autóctonas de freixo que habitan na Península Ibérica. O acto forma parte dunha acción xa repetida pola UEC en cada unha das súas competicións como exemplo do seu compromiso ambiental.
No acto estiveron presentes Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; Rafael Domínguez Artime, vicepresidente da Deputación de Pontevedra; Agustín Reguera, delegado territorial da Xunta de Galicia; Enrico della Casa, presidente da Unión Europea de Ciclismo; José Luis López Cerrón, presidente da comisión xestora da Real Federación Española de Ciclismo; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego; Delmino Pereira, presidente da Federación Portuguesa de Ciclismo e vicepresidente da UEC; Alejandro Martín, secretario da RFEC; Óscar Sánchez, vicepresidente da FGC; e David Carrillo, secretario da FCG.
Ademais, Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego outorgou uns obsequios a todas as autoridades presentes, como agradecemento por facer posible este Campionato de Europa de ciclocrós. Recibiron unha pequena escultura de cerámica os representantes do Concello de Pontevedra, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, ademais do outorgado á Unión Europea de Ciclismo e en especial a José Luis López Cerrón, no seu último acto internacional como presidente da RFEC.
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
EVENTOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es