Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Xornada sobre Deporte, Adiccións, Saúde e Convivencia na Universidade de Santiago de Compostela

26 DE NOVIEMBRE DE 2024

O evento terá lugar este venres na Facultade de Psicoloxía

Xornada-sobre-Deporte-Adiccions-Saude-e-Convivencia-na-Universidade-de-Santiago-de-Compostela

A Fundación Galega Contra o Narcotráfico convida a participar na Xornada Deporte, Adiccións, Saúde e Convivencia, que terá lugar este venres, día 29 de novembro, no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da USC en Santiago de Compostela. O evento organizado pola Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago e a FGCN conta co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia
 
A xornada ten por obxectivo afondar no valor do deporte como unha oportunidade para impulsar a prevención de adiccións -especialmente das denominadas adiccións sen substancia- e destacar a importancia dos adestradores/as como figuras de referencia para xóvenes deportistas. O evento está aberto a profesionais do eido da prevención, os servizos sociais, deportes, educación e saúde, estudantes e familias.
 
imagen

Accede a través deste enlace ao programa do evento e á ligazón para facer a reserva. O aforo é limitado e as inscricións rexístranse por riguroso orde de solicitude.

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es