10 DE JULIO DE 2020
A Federación Galega de Ciclismo (FGC), co fin de minimizar os riscos de contaxio na volta da actividade ciclista, fai público o seu Protocolo de Actuación fronte á COVID-19 para a práctica de competición nas especialidades de Ciclismo en estrada, BTT, Ciclocrós, Ciclismo para todos e Escolas. Este documento foi aprobado o xoves de 8 xullo pola Comisión Delegada despois de que a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia certificara que se adecúa ao establecido no Protocolo Fisicovid-DxTgalego.
Nesta publicación achegamos o Protocolo elaborado pola FGC; o Certificado da Secretaría Xeral para o Deporte; a Táboa na que se enumeran as situacións de posible contaxio durante as competicións e as correspondentes medidas de tratamento; unha Táboa similar para os adestramentos das escolas de Estrada e BTT; a Declaración de Risco; os Formularios para os directores deportivos os ciclistas maiores de idade e os titores dos deportistas menores de idade; e a Ficha de Información que os Organizadores das Competicións deberán remitir á FGC cunha antelación de 72 horas á celebración do evento.
FORMACIÓN
EVENTOS
EVENTOS
AVISOS
EVENTOS
EVENTOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es