Protocolo de actuación para a volta da actividade ciclista fronte á COVID-19

10 DE JULIO DE 2020

Documento aprobado pola Comisión Delegada da FGC, Declaración de Risco, Táboa de Competicións, Táboa de Adestramentos, Formularios e Ficha para os Organizadores das Competicións.

Protocolo-de-actuacion-para-a-volta-da-actividade-ciclista-fronte-a-COVID-19

A Federación Galega de Ciclismo (FGC), co fin de minimizar os riscos de contaxio na volta da actividade ciclista, fai público o seu Protocolo de Actuación fronte á COVID-19 para a práctica de competición nas especialidades de Ciclismo en estrada, BTT, Ciclocrós, Ciclismo para todos e Escolas. Este documento foi aprobado o xoves de 8 xullo pola Comisión Delegada despois de que a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia certificara que se adecúa ao establecido no Protocolo Fisicovid-DxTgalego. 

Nesta publicación achegamos o Protocolo elaborado pola FGC; o Certificado da Secretaría Xeral para o Deporte; a Táboa na que se enumeran as situacións de posible contaxio durante as competicións e as correspondentes medidas de tratamento; unha Táboa similar para os adestramentos das escolas de Estrada e BTT; a Declaración de Risco; os Formularios para os directores deportivos os ciclistas maiores de idade e os titores dos deportistas menores de idade; e a Ficha de Información que os Organizadores das Competicións deberán remitir á FGC cunha antelación de 72 horas á celebración do evento. 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es