Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Campus XCO Ciclismo Galego transmitiu paixón polo BTT

14 DE ABRIL DE 2022

Charlas formativas, actividades de lecer e adestramentos durante tres días no Casino Mercantil de Pontevedra

O-Campus-XCO-Ciclismo-Galego-transmitiu-paixon-polo-BTT

Un grupo de 27 rapaces (19 nenos e 8 nenas) de categorías Infantil e Cadete participaron durante os primeiros tres días desta semana nas instalacións deportivas do Casino Mercantil de Pontevedra no Campus BTT XCO Ciclismo Galego organizado pola Federación Ciclismo Galego (FCG) en colaboración coa Concellería de Deportes para ciclistas federados das súas categorías base. A actividade orientouse a deportistas nados entre os anos 2006 e 2009 e afondou na paixón polo BTT cunha formación técnica, fomentar a convivencia e formar ás futuras seleccións autonómicas que nos representen nos campionatos estatais.

O Campus, que deu comezo o luns ás 9:30 horas e que finalizou ás 19:00 horas do mércores, ofreceu hospedaxe con pensión completa no Mercantil e un completo programa de actividades que se desenvolveu nos contornos dos concellos de Pontevedra e Marín, con desprazamentos en bicicleta e furgonetas. Dirixido por Alberto del Río, técnico da FCG, o programa incluíu a práctica de BTT no bikepark da Fracha e no monte Xaxán, un circuíto de BMX, actividades de lecer, tertulias e charlas formativas impartidas por especialistas: adestramento (Mario Pereira), nutrición (Jaime Juncal) e mecánica básica e coidados da bicicleta (Franciso José Cochón).

No arranque desta convivencia, o Campus foi presentado na mañá do luns no contorno do monumento aos Heroes de Ponte Sampaio nun acto no que participaron o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández e o presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz, acompañados polo grupo de rapaces inscritos nestas xornadas técnicas (que aproveitaron a ocasión para facer unha foto de familia).

Tino Fernández subliñou que “o Concello de Pontevedra ten unha relación de amor absoluto coas bicicletas, que se traduce en que sempre que podemos traemos probas, campionatos, torneos… Fai pouco tivemos unha Copa de España”. Tal e como salientou, “para nós é un orgullo que a Federación conte con nós para organizar todos estes eventos”, xa que “Pontevedra é unha cidade cada día máis vencellada á bicicleta, de paseo, de deportes, de entretemento”. “Só hai calquera xornada pola rúa ou polos nosos montes para ver a cantidade de xente que practica deporte coa bici”, apuntou o edil do PSOE.

Tal e como indicou, “é importante traballar a base e xerar masa crítica e vinculación deportiva desde a infancia, para que esa vinculación se manteña cando crezan e nos faga ser referentes deportivos na bicicleta e en calquera deporte e nos axude tamén a traer grandes eventos para Pontevedra”. 

Juan Carlos Muñiz explicou que estas xornadas de tecnificación e convivencia tiñen o obxectivo de que os nenos e nenas “desfruten, o pasen ben, se coñezan, fagan lazos, desenvolvan eses valores do deporte, o compañeirismo e o sacrificio e vaian familiarizándose pouquiño a pouquiño co mundo das concentracións e as formacións”. “Que mellor lugar para facer este Campus BTT que a cidade de Pontevedra e as instalacións que nos cede do Casino Mercantil. Pontevedra é a capital do deporte, sobre todo con esa aposta que ten a prol do deporte e da bicicleta… Os rapaces van adquirir coñecementos como deportistas e tamén sobre hábitos de vida saudable, nutrición e complementos nutricionais”, apuntou o presidente da FCG.

Segundo afirmou Muñiz, os 27 nenos e nenas que participaron nestas xornadas son “o futuro, un futuro moi prometedor co inicio desta tempada, que onte comezou en Sanxenxo no eido da mini BTT cun récord de asistencia con 500 rapaces, e coa promoción deste deporte”. 

Fonte: Concello de Pontevedra 

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es