Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Récord de participación e diversión no II Campus Mini DH by Eva Castro

22 DE AGOSTO DE 2024

A convivencia de tres días na Estación de Montaña de Manzaneda alcanzou o medio cento de participantes

Record-de-participacion-e-de-diversion-no-II-Campus-Mini-DH-by-Eva-Castro

A segunda edición do Campus Mini DH by Eva Castro resultou todo un éxito comezando pola sensacional acollida que rexistrou. As 50 prazas dispoñibles para desfrutar desta experiencia esgotáronse, marcando un récord nos campamentos organizados pola Federación Ciclismo Galego. Foi todo un preludio do que se viviu do 15 ao 17 de agosto na Estación de Montaña de Manzaneda. Tres días de pura diversión. 

imagen

Co Albergue da Queixa como epicentro da convivencia, combináronse as sesións no Bike Park con actividades deportivas e de lecer nas fantásticas instalacións do complexo ourensá. Durante as mañás, as rapazas e os rapaces practicaron enriba da bici da man dun grupo de monitores composto por grandes especialistas no DH como a directora do campus Eva Castro, Luis Manovel, Alba Arias e David Fernández. As tardes e as noites dedicáronse a diferentes actividades, dende unha visita ao parque de Multiaventura a charlas formativas nas que se ofreceron consellos sobre Descenso. Todo, cun sensacional ambiente.

imagen

A dirección deste campamento agradece o traballo de todas as persoas que o fixeron posible e a acollida, unha vez máis, da Estación de Montaña de Manzaneda, así como o apoio da firma Shimano. Moitas grazas a tod@s e agardámosvos en próximas edicións!  

 

GALERÍA DE FOTOS

Récord de participación e diversión no II Campus Mini DH by Eva Castro
Récord de participación e diversión no II Campus Mini DH by Eva Castro
Récord de participación e diversión no II Campus Mini DH by Eva Castro
Récord de participación e diversión no II Campus Mini DH by Eva Castro
Récord de participación e diversión no II Campus Mini DH by Eva Castro
Récord de participación e diversión no II Campus Mini DH by Eva Castro
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es