El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string O Enduro abre a temporada das Xornadas de Tecnificación FCG
Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Enduro abre a temporada das Xornadas de Tecnificación FCG

13 DE FEBRERO DE 2025

Unha vintena de riders compartirán sesións de adestramento e charlas este sábado en Oleiros

O-Enduro-abre-a-temporada-das-Xornadas-de-Tecnificacion-FCG

Por quinto ano consecutivo a Federación Ciclismo Galego (FCG) pon en marcha a súa iniciativa de Xornadas de Tecnificación. A primeira actividade do 2025 terá como escenario este sábado a localidade coruñesa de Oleiros, nas inmediacións do Valiño, e estará dedicada ao Enduro. Unha vintena de promesas desta especialidade do BTT compartirán sesións prácticas e teóricas desde as 10:00 horas

A seleccionadora Eva Castro e a súa man dereita no corpo técnico Luis Manovel deseñaron un plan de traballo que, logo da benvida e da preparación das corredoras e dos corredores, arrancará con tests físicos e a primeira charla do día. A continuación, as primeiras repeticións de seccións serán gravadas para visualizar as imaxes , despois do xantar en grupo, e establecer un feedback. O programa da xornada prolongarase ata as 18:00 h con máis traballo enriba da bicicleta en dous circuítos diferentes. 

Esta toma de contacto pretende avaliar individualmente o estado dos riders, así como pulir detalles técnicos e ofrecer axuda á hora de deseñar o planning de adestramentos da temporada. Outro dos obxectivos destas convivencias é o de estreitar lazos para crear grupo no inicio do camiño que conduce ata o Campionato de España. Os técnicos da Selección de Galicia teñen previsto organizar durante os próximos meses dúas tecnificacións para cada unha das tres especialidades gravity (Enduro, Descenso e Pump Track).

 

 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es