18 DE MARZO DE 2025
Unha das iniciativas formativas da Federación Ciclismo Galego regresa esta primavera. O 9 de abril comeza a segunda edición do Curso de Cronometrador co sistema Race Result. @s alumn@s que o superen pasarán a formar da bolsa de traballo para a cronometraxe de probas do calendario FCG. Fai click nesta ligazón para inscribirte
O programa desta actividade consta de catro sesións online e dunha clase presencial obrigatoria que se celebrará o sábado 3 de maio para practicar unha situación real de competición. O exame práctico tamén será presencial e está fixado para o 11 de maio ás 10:00 horas.
O curso está dirixido a todas aquelas persoas maiores de 18 años (inclusive) interesadas en formarse e obter coñecementos relacionados co sistema de cronometraxe Race Result aplicado ao ciclismo. Non é obrigatorio estar en posesión da licenza federativa para poder realizar esta actividade, pero unha vez superada a mesma, si se deberá posuír licenza federativa arbitral para entrar na bolsa de traballo.
O prazo para anotarse xa está aberto, a un prezo de 125 euros para federados e de 150 para non federados. Os xuíces árbitros non teñen que pagar. A data límite para apuntarse é o 7 de abril ás 23:59 h.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es