Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Os Campus Ciclismo Galego ofrecen este verán catro experiencias inesquecibles

09 DE JUNIO DE 2025

XCO, Mini DH, Estrada e Ciclocrós

Os-Campus-Ciclismo-Galego-ofrecen-catro-experiencias-inesquecibles-este-veran-

Xa están aquí os Campus de verán do Ciclismo Galego. Este ano a oferta de campamentos organizados pola Federación Ciclismo Galego (FCG) concéntranse no periodo estival e entre finais de xullo e comezos de setembro celebraranse catro convivencias: XCO, Mini DH, Estrada e Ciclocrós. Experiencias inesquecibles para formar ciclistas e educar persoas. 

As datas xa están fixadas:

-Do 24 ao 27 de Marín acolle o Campus de XCO, que na súa cuarta edición trasládase dende a Semana Santa ao verán.

-Do 11 ao 13 de agosto Culleredo repite por segundo ano consecutivo como escenario do Campus de Estrada

-Do 15 ao 17 de agosto o Campus Mini DH desfrutará unha vez máis da Estación de Montaña de Manzaneda

-Do 4 ao 7 de setembro o Campus CX, coa sede aínda por definir, chegará por quinto ano consecutivo como anticipo da temporada de ciclocrós. 

Diversión, aprendizaxe, compañeirismo, contacto coa natureza... O fío común destes campamentos é profundar na paixón pola bicicleta das promesas do noso deporte. Para iso, combínanse as actividades sobre a bici con formación e moito entretemento. Ide reservando as datas porque en breve abriranse as inscricións. Agardámosvos!

 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es