11 DE JUNIO DE 2025
Unha ducia de riders participaron este sábado en Verín na última Xornada de Tecnificación FCG desta temporada dedicada ao Descenso. A pouco máis dun mes do Campionato de España de DH, do 18 ao 20 de xullo en La Molina, a seleccionadora Eva Castro e 'a súa man dereita' Luis Manovel programaron unha convivencia para definir a convocatoria que acudirá á gran cita estatal. A este ensaio xeral sumáronse tres promesas da categoría Infantil como convidados.
Os membro do Bicicletas Chinquena prepararon o circuíto de Pozo do Demo para que estivera nunha condicións perfectas. "É un dos mellores de Galicia, espectacular. Había que ir ata alí pola calidade do circuíto e polo ben que nos tratan", indica Eva Castro, que agradece ao club anfitrión e ao Concello de Verín a súa colaboración para levar a cabo esta actividade formativa.
O planning da xornada foi o habitual nas tecnificacións FCG das especialidades gravity. A charla e os test físicos iniciais para valorar diferentes métricas de rendemento deron paso a unha sesión matinal de adestramento centrada no contido técnico individual con repeticións e gravacións das seccións. Despois do xantar en grupo chegou o tempo de visualizar os vídeos da mañá e establecer un feedback. Pola tarde, seguiuse un formato máis libre de adestramento para que as corredoras e os corredores traballara a memorización do circuíto e a construcción de velocidade antes de cronometarse as baixadas.
Nesa toma de tempos chamou a atención o rexistro do infantil Dani Barcia (THC), o segundo mellor de todos os riders, a 3 segundos da marca do elite Víctor Mariño (X Bikes). "Temos unha canteira brutal. Quedamos impresionados co rendemento destes rapaces, veñen pisando forte", comenta a seleccionadora, que considera importante contar cos infantís "para motivalos de cara á vindeira temporada cando xa serán cadetes de primeiro ano e poderán debutar no Campionato de España".
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es