Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Campus XCO celebrou a súa clausura no Campionato de Europa

30 DE JULIO DE 2025

A visita a Melgaço pechou catro días de convivencia, deporte e diversión

O-Campus-XCO-celebrou-a-sua-clasura-no-Campionato-de-Europa

A cuarta edición do Campus XCO Ciclismo Galego tivo un final especial. Na súa clausura, o campamento trasladouse dende a localidade pontevedresa de Marín á portuguesa de Melgaço para desfrutar do Campionato de Europa de Cross Country Olímpico. Unha experiencia que puxo a guinda a catro días de deporte e diversión. 

Dende o 23 ao 26 de xullo non faltaron os adestramentos dirixidos polo seleccionador galego José Alberto del Río, pero o programa de actividades deste campus ofreceu moito máis. As rapazas e os rapaces das categorías Alevín, Infantil e Cadete, en total unha vintena, percorreron sendeiros cheos de riqueza paisaxística e cultural na andaina 'Monte e Praia' na que colaborou como guía José Gil, do Club de Montaña Xesteiras; recibiron unha clase de mecánica básica da man de Óscar González, da tenda Máis Que Bicis; realizaron unha ruta nocturna en bici; practicaron outras modalidades deportivas como o pádel... E pasárono en grande no Aquapark Spain de Marín. 

imagen

A despedida tivo lugar en Portugal. A xornada elixida para achegarse a Melgaço permitiu ao grupo do Campus Ciclismo Galego animar aos dous bikers da nosa comunidade que nesta cita continental defenderon as cores da selección española, á júnior Lorena Patiño e ao sub-23 Alejandro García. Ademais de presenciar as carreiras, tiveron a oportunidade de coñecer en persoa a figuras como o medallista olímpico David Valero

imagen

Rematado o primeiro campamento do verán, o prazo para apuntarse no seguinte entra na súa recta final. Ata o 3 de agosto pódense inscribir as rapazas e os rapaces alevíns e infantís que desexen asistir ao Campus de Estrada, do 11 ao 13 de agosto en Culleredo. A oferta de convivencias estivais organizadas pola Federación Ciclismo Galego completarase en setembro, do 4 ao 7 de novo en Culleredo, coa de Ciclocrós.

 

 

GALERÍA DE FOTOS

O Campus XCO celebrou a súa clausura no Campionato de Europa
O Campus XCO celebrou a súa clausura no Campionato de Europa
O Campus XCO celebrou a súa clausura no Campionato de Europa
O Campus XCO celebrou a súa clausura no Campionato de Europa
O Campus XCO celebrou a súa clausura no Campionato de Europa
O Campus XCO celebrou a súa clausura no Campionato de Europa
O Campus XCO celebrou a súa clausura no Campionato de Europa
O Campus XCO celebrou a súa clausura no Campionato de Europa
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es