14 DE AGOSTO DE 2025
O segundo campamento deste verán do Ciclimo Galego clausurouse este mércores en Culleredo. A localidade coruñesa repetiu como sede na segunda edición do Campus de Estrada, unha convivencia de tres días na que participaron unha vintena de rapazas e rapaces das categorías Alevín e Infantil. Cunha programación tan variada como entretida, esta iniciativa volveu resultar un éxito.
Baixo a dirección de Jacobo Ucha, técnico da Federación Ciclismo Galego (FCG), as saídas en bicicleta dende a Residencia Rialta realizáronse polas mañás. O pelotón do Campus rodou polas estradas dos concellos de Culleredo, A Coruña, Arteixo, Laracha e Cambre, visitando enclaves tan fermosos como a praia de Valcovo. De velar pola seguridade nestes adestramentos tamén se encargou a ciclista elite Mar Delgado, que formou parte do staff da organización xunto a Juan Díaz, do Triatlón Coruña, e a Jose Prieto 'Coke'.
Os campamentos da FCG ofrecen moito máis que ciclismo para que a rapazada o pase en grande. Entre as actividades sen bici, houbo sesión de pádel, de piscina e de piragüismo nas instalacións de Pintega Kayak na cidade da Coruña. Deste xeito, cumpriuse co obxectivo de divertirse a través do deporte e dos seus valores
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es