Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A selección española Sub-23 cita a Martín Rey para a Carreira da Paz na República Checa

27 DE MAYO DE 2025

Lorena Patiño logrou o mellor resultado do combinado estatal de XCO na UCI Junior Series de Nove Mesto

A-seleccion-espanola-Sub-23-cita-a-Martin-Rey-para-a-Carreira-da-Paz-na-Republica-Checa

Foto: Frison Florian

Nova convocatoria dun corredor galego do Padronés Cortizo por parte da selección española Sub-23 de estrada. O vilagarcián Martín Rey é un dos seis citados polo seleccionador Pascual Orengo para disputar dende este xoves, día 29, ata o domingo, día 1, a Carreira da Paz na República Checa, proba pertencente á Copa das Nacións da Unión Ciclista Internacional (UCI). 

A competición dará comezo cunha esixente etapa de 168 quilómetros e 2.500 metros de desnivel positivo acumulado. O venres o pelotón enfrontarase a 149 quilómetros con 2.200 metros de desnivel e un importante final que pode marcar diferenzas para a xeral. O terceiro parcial da rolda checa será máis curto que as etapas que lle preceden, de só 131 quilómetros, pero os ciclistas acumularán preto de 2.900 metros de desnivel, o que dá boa conta da dureza dunha xornada que pode ser clave para a clasificación xeral coa súa esixente subida final. Por último, o domingo, a carreira dispoñerá un percorrido de 118 quilómetros e 1.800 metros de desnivel positivo acumulado.

Máis información 

imagen

Tamén na República Checa, as cores da selección española defendeunas o pasado sábado Lorena Patiño no mítico circuíto de Cross Country Olímpico (XCO) de Nove Mesto. A marinense asinou o mellor resultado do combinado estatal, o 17º posto, neste evento do calendario das UCI Junior Series. 

"Moi boas sensacións neste circuíto tan marabilloso no que, ademais de sufrir, puiden desfrutar moito da carreira. Lévome un bo sabor de boca co meu posto 17. Agora toca descansar das carreiras", comentou a biker do Decathlon Misser Project na súa conta de Instagram. 

Máis información

 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es