Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Ilusionante xornada de tecnificación Infantil organizada pola FCG

13 DE JUNIO DE 2021

Gustavo César Veloso participou como convidado especial

Ilusionante-xornada-de-tecnificacion-Infantil-organizada-pola-FCG

Unha experiencia formativa e ilusionante. Preto de 40 ciclistas de Estrada e de XC en idade Infantil conviviron este sábado no Hotel Ría Mar, en Meaño, na xornada de tecnificación organizada pola Federación Ciclismo Galego (FCG). Esta actividade, que a súa vez serviu de preselección para os Campionatos de España Escolares que se celebrarán en Madrid a mediados do vindeiro mes, estivo chea de sorpresas.

Jose Manuel Abalo, seleccionador de estrada en idade escolar, encargouse de presentar o plan estratéxico posto en marcha pola FCG e contou como convidado especial con Gustavo César Veloso. O corredor arousán do Atum General-Tavira fixo as delicias das rapazas e dos rapaces: ofreceu unha charla, saíu adestrar co grupo de estrada, regalou unhas postais, firmou autógrafos e incluso sorteou uns guantes e a gorra coa que subiu ao seu último podio. 

O dobre gañador da Volta a Portugal non foi o único corredor con experiencia no campo profesional que participou nesta xornada. Coincidindo coa súa presenza no Hotel Ría Mar ao fronte do MMR-Academy, o equipo asturiano que disputa a Ruta do Albariño, os seus directores deportivos Samuel Sánchez, campión olímpico de estrada no 2008, e Benjamín Noval, que como gregario axudou a gañar o Tour en dúas ocasións aos seus xefes de filas, tamén compartiron uns minutos cos infantís. 

Esta intensa concentración, na que en todo momento se cumpriron as normas de seguridade sanitaria, abrírona pola mañá @s infantís de estrada e á hora de comer sumáronse @ bikers, que adestraron pola tarde. Todas e todos recibiron como agasallo o novo polo da FCG e un botellín de ciclista. A experiencia concluíu na piscina do hotel dándose un baño.

Elas e eles son o primeiro eslabón do futuro do noso ciclismo. 

GALERÍA DE FOTOS

Ilusionante xornada de tecnificación Infantil organizada pola FCG
Ilusionante xornada de tecnificación Infantil organizada pola FCG
Ilusionante xornada de tecnificación Infantil organizada pola FCG
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es