18 DE JUNIO DE 2022
Por segundo ano consecutivo a emerxente especialidade do Cross Country Eliminator (XCE) celebra o seu Campionato de Galicia na Xaxanbike. Os títulos autonómicos poranse en xogo este domingo a partir das 09:30 horas no circuíto de Chan de Gagán co XSM exercendo de club anfitrión. Esta cita porá o broche a dous intensos días de BTT en Marín.
A Xaxanbike 22, que este sábado arranca en sesión matinal co Mini BTT e pola tarde vivirá a antepenúltima xornada da Copa Galicia de Cross Country Olímpico, foi presentado este venres en Marín. Ao acto asistiron a alcaldesa María Ramallo; os concelleiros encargados do Deporte, Antonio Traba e Antonio Caíña; o xefe de servizo da Secretaría Xeral para o Deporte na provincia de Pontevedra, Daniel Benavides; a presidenta do club organizador, Irene Trabazo, xunto a compoñentes do seu equipo; e o secretario da Federación Ciclismo Galego, David Carrillo.
Os tres eventos da fin de semana disputaranse no mesmo escenario. O percorrido do Eliminator ten unha lonxitude de 721 metros, cun perfil duro e unha dificultade técnica alta. O formato da competición será o habitual cunha contra o reloxo individual para distribuír aos bikers no cadro de eliminatorias. En cada carreira haberá dous billetes en xogo para acceder á seguinte rolda ata alcanzar a final. No 2021 as camisolas de campións de Galicia recibíronas Sofía Álvarez e Jorge Punzón.
BTT
BTT
BTT
BTT
BTT
BMX
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es