14 DE JULIO DE 2023
Unha nova iniciativa de lecer e formativa súmase á oferta da Federación Ciclismo Galego. O Campus Mini DH Ciclismo Galego by Eva Castro celebrará a súa primeira edición do venres 4 ao domingo 6 de agosto na Estación de Montaña de Manzaneda. O prazo para anotarse xa está aberto e remata o 27 de xullo (click nesta ligazón para inscribirse).
A mellor rider galega de todos os tempos e actual seleccionadora da FCG dirixirá este campamento destinado ás categorías Alevín e Infantil. Para desfrutar desta convivencia xunto a Eva Castro é necesario estar en posesión da licenza federativa da FCG. A organización estableceu un máximo de 20 participantes e o prezo da inscrición é de 150 euros, un importe que inclúe pensión completa, as dúas noites de aloxamento, monitores...
O programa do Campus Mini DH combina sesións prácticas, teóricas e actividades de lecer nun escenario ideal para que a rapazada goce da bici. Manzaneda exerce de capital galega do Descenso durante este verán. A fin de semana do 22 e do 23 de xullo acollerá o II Mini DH Manzaneda Bike Park e o V Trofeo Federación DHI-Manzaneda Bike Park, evento da Copa de España desta especialidade. A diversión está garantida na estación de montaña ourensá.
BTT
BTT
BTT
BTT
BTT
BMX
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es