02 DE MAYO DE 2025
Foto: Lalín Bike Race
A Volta Galicia BTT seguiu deixando pegada na súa primeira edición cunha emocionante segunda etapa, que se celebrou este venres na capital do Deza, Lalín, en formato de contra o reloxo individual (CRI). O evento congregou a numerosos afeccionados e puxo a proba a capacidade e resistencia dos participantes nun percorrido de 20 quilómetros.
A xornada estivo marcada polo gran desempeño dos bikers, destacando Roberto Bou, do equipo Klimatiza Orbea Team, e Natalia Fisher, do Extremadura Ecopilas, brillando nas categorías Elite e Sub-23 con sobranceiras actuacións que os consolidan como fortes aspirantes na competición.
Ademais do éxito deportivo, o excelente traballo da organización garantiu o bo desenvolvemento do evento e ofreceu unha experiencia de primeiro nivel a corredores e espectadores. A etapa contou coa presenza como autoridades do alcalde de Lalín, José Crespo, do concelleiro de deportes de Lalín, Avelino Souto, do xerente da UTE Enerxética, Ángel Barba e do presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz.
A rolda UCI S2 continúa este sábado co Desafío Cerne en Melide, un maratón de 58 km e 1.500 metros de desnivel positivo acumulado, e concluirá o domingo en Lalín cunha tirada de 60 km e un acumulado de 1.400 metros.
BTT
SELECCIÓNS
BTT
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es