Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Lara Lois e Saúl López brindan recitais de altura na Copa Galicia XCO de Poio

09 DE JUNIO DE 2025

Dez categorías xa están sentenciadas matematicamente a falta de que o calendario se peche no XaxanBike

Lara-Lois-e-Saul-Lopez-brindan-recitais-de-altura-na-Copa-Galicia-XCO-de-Poio

Fotos: Luz Iglesias

O circuíto do Monte Castrove, tan duro polas súas subidas como fermoso polas súas vistas, viviu unha fin de semana completa de Cross Country. O Poio Bike Club reuniu entre a proba da Copa Galicia XCO do sábado e o Mini BTT do domingo a máis de 550 bikers. Entre eses participantes estiveron dous dos referentes a nivel autónomico desta especialidade: Saúl López (Academia Postal - Maceda) e Lara Lois (RG Bikes Scott) gañaron nas carreiras Elite e Sub-23 con senllos recitais de altura. 

O certame de Cross Country Olímpico coordinado pola Federación Ciclismo Galego (XCO) celebrou a súa oitava e penúltima xornada puntuable despois da paréntese que supuxo a fin de semana anterior a suspensión da cita de Cambre. O III XCO Poio Móvese tivo ao mesmo gañador absoluto que nas dúas anteriores edicións. O monfortino Saúl López pásao en grande neste trazado tan selectivo e con 4 minutos de vantaxe rubricou a súa cuarta vitoria da temporada na Copa Galicia. Como segundo clasificado e vencedor Sub-23 cruzou a liña de meta Ricardo Buba (Coruxo) e terceiro concluíu Alberto Pedreira, medio minuto máis tarde, ocupando a segunda posición elite. O sub-23 Denis González fixo cuarto, correspondendo a quinta praza a outro sub-23 do mesmo equipo, a Jorge Pérez. 

imagen

O Academia Postal-Maceda asinou un novo 'dobrete' na quenda raíña ao adxudicarse o triunfo Júnior con Marcos Rodríguez. No resto de categorias masculinas inscribiron o seu nome no palmarés da proba poiense o infantil Mateo Hermida (Lynalfa-Ponteareas), o cadete Guillermo García (Avanza-O Porriño), o máster-30 José Luis Pereira (Xesteiras), o máster-40 Constantino Muñoz (Grupeta Pan de Zarko), o máster-50 Roberto Fontán (Norinver) e o máster-60 Óscar Lorenzo (Bici Verde). 

O trazado de Castrove aínda non o percorrera en competición Lara Lois e a campioa de España Elite no 2023 estreouse cunha exhibición. A grovense do RG Bikes distanciouse en case 7 minutos de Aroa Otero, que se impuxo entre as sub-23 por diante de Uxía Soto (Extol-Zambora.es), María Filgueiras (XSM) e Yaiza Vila (Creto Bikes), terceira, cuarta e quinta absoluta, respectivamente. A carreira Júnior dominouna con autoridade Lara Pita (Planet MTB).

imagen

Ao máis alto do podio tamén subiron a infantil Jimena Novo (Farto), a cadete Iris Santana (Coruxo), a máster-30 Carolina Díez (Creto Bikes) e a máster-40 Beatriz Vicente (Podium Team). O Avanza-O Porriño recolleu o trofeo de mellor equipo da xornada. 

A falta da última xornada, o XaxanBike deste sábado 14 de xuño en Marín, dez categorías da Copa Galicia xa están sentenciadas matematicamente. Teñen garantidos os títulos o infantil Mateo Hermida, a cadete Iris Santana, a júnior Elba Hermida (Lynalfa-Ponteareas), o júnior Marcos Rodríguez, a sub-23 Yaiza Vila, a máster-30 Carolina Díez, o máster-30 José Luis Pereira, a máster-40 Beatriz Vicente, o máster-40 Marcos López (Xesteiras) e o máster-60 Óscar Lorenzo. As xerais que aínda poden cambiar de líder encabézanas a infantil Jimena Novo, o cadete Guillermo García, o sub-23 Martín Díaz (XSM), a elite Lara Lois, o elite Iván Feijoo (Academia Postal-Maceda) e o máster-50 Antonio Rodríguez (Ourense Termal).

Toda a información sobre esta competición podes atopala nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaXCO25 e na súa sección dentro da páxina web da FCG.

imagen

Clasificacións

 

 

GALERÍA DE FOTOS

Lara Lois e Saúl López brindan recitais de altura na Copa Galicia XCO de Poio
Lara Lois e Saúl López brindan recitais de altura na Copa Galicia XCO de Poio
Lara Lois e Saúl López brindan recitais de altura na Copa Galicia XCO de Poio
Lara Lois e Saúl López brindan recitais de altura na Copa Galicia XCO de Poio
Lara Lois e Saúl López brindan recitais de altura na Copa Galicia XCO de Poio
Lara Lois e Saúl López brindan recitais de altura na Copa Galicia XCO de Poio
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es