30 DE MAYO DE 2025
A Copa de España de Descenso gozará este próximo domingo 1 de xuño da penúltima proba do seu calendario 2025 coa celebración do DH Molinos O Paramo, que contará coa organización do Club Ciclista DH Galicia. A localidade lucense do Páramo vibrará coa disputa da cuarta das cinco probas que comprende o circuíto estatal. Tres destes eventos teñen como escenario Galicia. O 27 de abril celebrouse o DHI Pozo do Demo en Verín e o 29 de xuño pecharase o calendario no DHI Manzaneda Estación 2025.
O circuíto sobre o que se desenvolverá a competición na provincia de Lugo atravesará o monte do Páramo, na comunidade de montes de Friolfe e Torre, e contará cun trazado de 1,8 km e 300 metros de desnivel negativo onde hai zonas técnicas de diferentes dificultades e saltos debidamente acondicionados.
O venres 30 poderá realizarse unha revisión do circuíto de 16:00 h a 19:00 h; mentres que o sábado 31 a xornada dedicarase plenamente aos adestramentos das diferentes categorías. A competición dará comezo ás 10:30 h coa manga clasificatoria. A final celebrarase a partir das 12:30 h.
Como principais candidatas á vitoria entre as mulleres están Kira e Zoe Zamora, Sara Yusto, Candela Ruiz e Mireia Pi, que do mesmo xeito que Kira Zamora podería arrebatarlle o liderado na xeral a María Pomés, que non estará presente no Paramo. Entre os homes, cabe destacar a participación de Orion Kirchmayer, Edgar Carballo, Alex Marín e do líder da xeral Yelco Romero.
BTT
BTT
BTT
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es