30 DE JUNIO DE 2025
Foto: RFEC
Un abafante ensaio en Cervera del Maestre (Castellón) serviu de preparación á Selección de Galicia Júnior de Cross Country Olímpico de cara ao que se agarda sexa un Campionato de España non menos caloroso dentro de tres semanas en Baza (Granada). O combinado dirixido por Alberto del Río desprazou a nove bikers á última cita puntuable para a Copa de España XCO Cofidis e conseguiu unha vitoria. A marinense Lorena Patiño impúxose por segunda vez esta temporada no certame estatal.
Dúas aparicións da corredora do Decathlon Misser Project na Copa de España 2025 e dúas vitorias. A deste domingo acadouna defendendo as cores da súa comunidade autónoma no Gran Premio Ciudad del Ciclismo de Cervera del Maestre. A vixente campioa estatal marchouse en solitario na primeira volta longa ao circuíto e volveu demostrar o seu potencial.
Cun tempo na liña de meta de 59 segundos e 32 segundos, Lorena Patiño avantaxou en máis de 4 minutos á segunda clasificada Foix Miquel (Unica Relber) e xunto a elas subiu ao podio Adriana Rodríguez (Occidental Torremolinos). Elba Hermida e Fátima González, 16ª e 18ª respectivamente, foron as outras dúas representantes da Selección de Breogán nesta carreira.
O mellor resultado do combinado autonómico na proba júnior masculina correspondeu a Mauro Vega. O biker de Nigrán asinou un top-10 ao rematar sétimo, a 4 minutos e 36 segundos do vencedor Guillermo Parrado (Qalatbike). Durante a primeira volta longo rodou na compaña dun compañeiro de selección, de Marcos Rodríguez, que concluíu 16º. A carreira tamén a finalizaron Nicolás Fernández e Martín Rodríguez, 20º e 25º. Pola súa banda, Samuel Gascón tivo que abandonar e Santiago Rodrigo Otero non puido tomar a saída.
Despois deste test en terras castellonenses, a gran cita da temporada para os especialistas en XCO chegará do 18 ao 20 de xullo en Baza. Nesta localidade granadina competirán as categorías Júnior, Sub-23, Elite e os grupos de idade Máster.
No que respecta ás clasificacións xerais da Copa de España, unha galega ocupou praza de podio na xeral. A cadete Iris Santana (Coruxo), sétima na quinta e última cita puntuable da temporada, cedeu un posto no ranking e terminou terceira con 698 puntos. No colofón do calendario adiantouna Naiara Gumbau (Sumistock), 701 puntos, e o título obtívoo Carolina Casares (Sumistock) con 838 puntos.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es