Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Convocatoria de Galicia para a Volta a Portugal Feminina Sub-19

21 DE AGOSTO DE 2025

Cinco corredoras cadetes e unha júnior defenderán as cores da Selección de Breogán dende este venres nas estradas lusas

Convocatoria-de-Galicia-para-a-Volta-a-Portugal-Feminina-Sub-19

Dous anos despois de triunfar con Alejandra Neira na clasificación xeral, a Selección de Galicia regresa á Volta a Portugal Feminina Sub-19. A 17ª edición da rolda lusa para cadetes e a 4ª edición para júniores arranca este venres, día 22 de agosto, con seis corredoras defendendo as cores do combinado da nosa comunidade. A convocatoria do seleccionador Jacobo Ucha composta por cinco cadetes e unha xuvenil é a seguinte:

JÚNIOR

Irene Signo Iglesias (La Sede Bicycles Tenerife) 

 

CADETE

Leire García Abad (Lynalfa-Ponteareas, C.C.) 

Vega Aldrey Ventureira (Cambre, C.C.) 

Antía Torres Alonso (Teis, C.C.) 

Tania Rodríguez Lago (Teis, C.C.) 

Carla Ballester Yanes (Betanzos, C.C.) 

imagen

A Selección de Breogán non será a única formación que representerá ao noso ciclismo. Tamén comparecerá na liña de saída o Lynalfa-Ponteareas. Os dous equipos galegos compartirán peloton con conxuntos portugueses, doutros puntos de España e as seleccións de Asturias e Grecia. 

As tiradas que agardan ás 135 ciclistas inscritas son Santarém-Almerim (55 quilómetros e 440 metros de desnivel positivo acumulado), Benavente - Salvaterra de Magos (60,9 km e 540 d+) e a etapa raíña con final en alto entre Alenquer e o porto de Montejunto (49,7 km e 1.150 d+).

Achégase a Guía Técnica

DOCUMENTOS ADJUNTOS

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es