Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Alejandra Neira disputará en Ruanda o seu primeiro Mundial

11 DE SEPTIEMBRE DE 2025

A santiaguesa participará na contra o reloxo e na proba en liña da categoría júnior

Alejandra-Neira-disputara-en-Ruanda-o-seu-primeiro-Mundial

Foto: RFEC

En Kigali, a capital de Ruanda, Alejandra Neira estrearase nun Campionato do Mundo. A corredora santiaguesa, de primeiro ano na categoría júnior, forma parte do quinteto confeccionado pola seleccionadora española Gema Pascual. Competindo a 1.850 metros de altitude, a ciclista galega do Baqué Movistar Team disputará a contra o reloxo individual, o martes 23 de setembro, e a carreira de fondo, o 27 de setembro.

imagen 

A dureza será o gran sinal de identidade deste Mundial nun territorio coñecido como "a terra dos mil outeiros", algo do que queda constancia no deseño das probas. A 'crono' contará con 18,3 quilómetros de percorrido e incluirá no seu tramo final a ascensión empedrada á Côte de Kimihurura, de 1,3 km ao 6,3% de pendiente media. A competición de fondo, de 74,6 km e 1.520 metros de desnivel positivo acumulado, constará de cinco xiros ao circuíto no que se ascenderá a Côte de Kimihurura e a de Kigali Golf, de 800 metros ao 8,1% de pendente media.

Máis información 

 

 

 

 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es