25 DE AGOSTO DE 2025
Tripla presenza galega na convocatoria de 26 bikers que a seleccionadora española Anna Villar deu a coñecer este luns para o Campionato do Mundo 2025 de XCO, XCR, XCC, DHI e XCM que se celebrará no cantón suízo de Valais. A júnior Lorena Patiño e o sub-23 Alejandro García forman parte do equipo de Cross Country Olímpico, mentres que o elite Pablo Rodríguez representará ao combinado estatal na proba de Cross Country Maratón. O programa de competición arranca o 30 de agosto e conclúe o 14 de setembro.
O primeiro corredor da nosa comunidade que entrará en acción será Pablo Rodríguez. O elite macedao do Buff Megamo Team afrontará o sábado 6 a proba de Maratón. Para o vixente campión de España de XCM tratarase da segunda experiencia mundialista na disciplina á que se dedica dende o ano pasado.
O XCO encargarase de pechar no circuíto de Crans-Montana esta edición do Campionato do Mundo de MTB. A campioa de España júnior Lorena Patiño corre o venres 12 e o subcampión estatal sub-23 Alejandro García farao ao día seguinte, o sábado 13. Ambos poderían competir antes se disputan o Short Track do martes 9 e/ou o Team Relay do xoves 11. Tanto a marinense do Decathlon Misser Project como o carballiñés do Mondraker Factory Racing estreáronse o ano pasado no Mundial e dende o pasado 15 de agosto ultiman a súa preparación na concentración da selección española no Centro de Alto Rendemento de Sierra Nevada que rematará o vindeiro día 4.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es