03 DE FEBRERO DE 2026
Campioa de Galicia e de España na súa estrea como sub-23, a temporada de ciclocrós de Lorena Patiño concluíu este domingo no Mundial disputado en Hulst (Países Baixos). Úinca representante do combinado español na súa categoría, a corredora de Marín estivo metida ata a última volta na loita por rematar entre as 20 primeiras. Finalmente, cruzou a liña de meta na 24ª posición, a 15 segundos da vixésima clasificada.
A neerlandesa Leonie Bentveld conquistou o título e 4 minutos máis tarde cruzou a liña de meta Lorena Patiño. Obrigada a remontar despois dunha mala saída, a marinense explicou como viviu a carreira: "Aínda que logrei alcanzar o top-20, unha molestia na volta final deixoume sen forzas para seguir loitando por ese obxectivo. Así de duro é o deporte e iso é o que te fai máis forte". Este resultado da ciclista do Misser Project súmase aos conseguidos nas súas dúas participacións mundialistas como júnior: 24ª no 2024 e 11ª no 2025.

A experiencia da pontevedresa en Hulst arrancou o pasado venres na proba de remudas por seleccións Team Relay. O combinado español obtivo a sétima posición, mellorando unha praza respecto ao ano anterior. Lorena Patiño encargouse da cuarta volta no sexteto confeccionado polo seleccionador Javier Ruiz de Larrinaga.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es